Entradas

Todavía non controla o pis.../Todavía no controla el pis...

Imagen
Ola familias!! Se o/a voso/a peque todavía non controla o pis, pode que este post con consellos sobre o que non se debe facer, vos sexa de utilidade para axudarlle👍 Qué non se debe facer? - Castigalo, pois non resulta moi eficación na educación dos peques. Sempre teñen mellor resultado os reforzos positivos 💙. - Facer burlas, ameazas, reproches (Exemplo: "Xa estou farto de lavar a ropa por culpa túa"). - Utilizar pañales (non deberían utilizarse a partires dunha determinada idade: ó redor dos 3 anos aproximadamente). - Erguela/o pola noite. Así non lle dades a oportunidade para que chegue a asociar os sinais internos causados pola vexiga chea co despertar provocado por tales sensacións. Deixovos por aquí un conto moi chulo relacionado co tema💋 Unha aperta!

Qué podemos facer para axudar a/o nosa/o peque? / ¿Qué puedo hacer para ayudar a nuestra/o peque?

Imagen
 Ola familias! Seguro que moitas veces fixéstesvos esta pregunta en relación a temas como a súa fala, o seu desenvolvemento emocional e social, etc. E é completamente normal!! Hoxe vou deixarvos por aquí algúns consellos que espero que poidan servos de utilidade 😁 - A SÚA FALA 1. Procurade falarlle correctamente, con expresións axeitadas a súa capacidade de entendemento e evitando o uso de diminutivos, palabras inventadas ou repeticións das súas incorreccións. Lembrade que vos teredes que dicirlle, por exemplo "o camión" aínda que a/o peque diga "o mión". Un exemplo práctico de como podemos facelo sería: - "Mira mami! mira papi! un mión!" - "Anda sí!! Hai un camión verde na rúa!!" ou "É verdade!! Qué grande! e de que cor é?" De esta forma, conseguiremos que pouco a pouco aprendan a dicir ben as palabras, así como aprenderán outras novas grazas a engadirlle outras a maiores na resposta... e sen crear unha situación na que se frustren e

Educación do comportamento

Imagen
  Un dos principais obxectivos da Educación Infantil é formar aos nenos/ as desde os primeiros anos para que vaian incorporando unha serie de coñecementos, actitudes, comportamentos e hábitos que lles posibilite desenvolverse satisfactoriamente nas distintas contornas da súa vida cotiá. Cada nena/o chega á escola cunha serie de costumes, normas de comportamento e hábitos adquiridos previamente no ámbito familiar. Efectivamente, a familia constitúe a contorna natural no que primeiramente os peques aprenden comportamentos concretos sobre a maneira de falar, de alimentarse, de asearse , de reaccionar, de manifestar os seus sentimentos e no que empezan a desenvolver os seus primeiros hábitos de vida; por iso, faise imprescindible que a acción educativa que leve a cabo na escola, compleméntese coa que leve a cabo na familia e viceversa, de tal forma que as nenas e nenos sentan seguros e arroupados en ambos os ambientes sen que existan contradicións que obstaculicen a normal interiorización

Cómo son as nenas e nenos de 3 anos?

Imagen
En primeiro lugar cabe destacar que  c ada nena/o se desenvolve e evoluciona a un ritmo distinto. Aínda así, a continuación, imos expoñer unha serie de fitos evolutivos cuxa consecución será o resultado dun proceso que terá lugar ao longo do ano. O pensamento das nenas e nenos desta idade caracterízase por ser concreto , é dicir, o desenvolvemento da súa intelixencia require que continuamente experimenten e manipulen a realidade que lles rodea. Comézase a afianzar a función simbólica , que lles permitirá evocar o que está ausente, de maneira que, aos poucos, irán pasando da acción e a manipulación dos obxectos á representación dos mesmos. O desenvolvemento cognitivo está condicionado en gran medida polo desenvolvemento da linguaxe. As nenas e os nenos están a pasar da aprendizaxe sensorial ao intuitivo , comezan a prever as consecuencias das súas accións e empezan a solucionar os problemas que se lles expoñen na súa vida cotiá. Aínda non son capaces de desligarse do todo dos

Intervención educativa

Imagen
  Dende que nacen e durante os primeiros anos da súa vida, as nenas e nenos manifestan unha serie de necesidades constantemente cambiantes. En moi pouco tempo pasan de depender completamente dos adultos ata converterse en persoas incipientemente autónomas. Durante os primeiros anos e, especialmente, na idade que nos ocupa (3 anos), as nenas e nenos empezan a ter conciencia das súas diferenzas co medio e buscan formas para autoafirmarse , desenvolvéndose así como persoas. Aos poucos van axustando o seu propio ritmo biolóxico ás rutinas da vida familiar e escolar, sendo para eles e para elas a súa primeira experiencia do que significa a vida en grupo. É un obxectivo básico deste nivel educativo, ir adquirindo hábitos correctos de aseo, saúde, alimentación, descanso e xogo. A intervención educativa, que corresponde en igual medida a nais/pais e docente s , debe ser estimuladora , afectiva e cariñosa para que, desde a manifestación das súas necesidades máis frecuentes relacionadas c

ACTIVIDADES

 EWIGEWGBWEGWEg

BENVIDAS FAMILIAS!

Imagen
Ola a todas e todos e benvidos/as ao meu anaquiño de experiencia!! O meu nome é Noelia e este ano son titora dun grupo de nenas/os de 3 aniños, máis concretamente, de 3 anos B. Xuntos somos os súper lobetos! polo que os veredes moito nas publicación que faga. Encántanme os blogs de recursos nos que moitas mestras e mestres comparten o seu traballo, as súas ideas, as actividades que fan cos peques... polo que eu quixen formar parte diso tamén. Este blog pretende ser unha fiestra ó exterior da nosa clase, entón tanto meu alumnado coma min, imos compartir algunhas das actividades que fagamos na aula coa axuda de fotos e vídeos que faciliten nosas explicacións. Ademáis pretendo, pouco a pouco, ir enchendo este espazo de "momentos de aprendizaxe", recomendacións, manualidades, recursos, etc. para que poidades empregalos sempre que queirades.  Antes de despedirme, desexarvos un bo inicio de curso a todas/os. Vémonos pronto!