Cómo son as nenas e nenos de 3 anos?

En primeiro lugar cabe destacar que cada nena/o se desenvolve e evoluciona a un ritmo distinto. Aínda así, a continuación, imos expoñer unha serie de fitos evolutivos cuxa consecución será o resultado dun proceso que terá lugar ao longo do ano.

O pensamento das nenas e nenos desta idade caracterízase por ser concreto, é dicir, o desenvolvemento da súa intelixencia require que continuamente experimenten e manipulen a realidade que lles rodea. Comézase a afianzar a función simbólica, que lles permitirá evocar o que está ausente, de maneira que, aos poucos, irán pasando da acción e a manipulación dos obxectos á representación dos mesmos. O desenvolvemento cognitivo está condicionado en gran medida polo desenvolvemento da linguaxe. As nenas e os nenos están a pasar da aprendizaxe sensorial ao intuitivo, comezan a prever as consecuencias das súas accións e empezan a solucionar os problemas que se lles expoñen na súa vida cotiá. Aínda non son capaces de desligarse do todo dos seus puntos de vista pero, aos poucos, irán descubrindo que a súa forma de ver as cousas non ten por que coincidir coa dos demais; paulatinamente tomarán conciencia e comprenderán que a forma de actuar e de comportarse dos demais depende dunha serie de motivacións, desexos e necesidades que poden non coincidir coas súas. Por isto, tentarán axustar o seu comportamento para integrarse e interactuar coas persoas da súa contorna. Ademáis, aos poucos serán capaces de realizar deducións simples e clasificacións seguindo algúns criterios moi sinxelos. A esta idade terán dificultades para establecer relacións causales, temporais e lóxicas.
No ámbito psicomotor, os peques son moi áxiles, os seus movementos son suaves e harmónicos. Progresivamente, serán capaces de disociar os seus movementos realizando simultaneamente xestos diferenciados nos membros superiores e inferiores. Gústalles empezar a mostrarse independentes e senten atracción pola actividade física.
Van coñecendo o seu corpo aos poucos, as súas posibilidades e limitacións motrices, van adquirindo confianza sobre o que son capaces de facer con el e tamén avanzarán no control dos seus movementos.
Gústalles correr e pararse, facer xiros, escalar, sortear obstáculos, andar en todas as direccións, patear, saltar cos pés xuntos, subir e baixar escaleiras e bailar, aínda que aínda non dominan o ritmo.
Poderán manter o equilibrio sobre diferentes superficies; manteranse sobre un pé durante certo tempo; equilibraranse sobre a punta dos pés e gardarán o equilibrio estático cos ollos pechados.

A coordinación óculo-manual aínda non é moi boa, pero serán capaces de realizar diferentes accións que requiren desta coordinación, como abrochar un botón grande. Exercerán certo control sobre o lapis.
Progresivamente, controlarán a partida e chegada do debuxo, podendo partir dun punto e chegar a outro dun só trazo; poderán completar e cerrar figuras abertas e serán capaces de copiar un círculo. Ademáis, gustaralles experimentar coa pintura de dedos utilizando todo o espazo gráfico e irán adquirindo unha mellor percepción visual do espazo.
Hai que ter en conta que utilizan indistintamente a man esquerda e a dereita, aínda que aos poucos irán afianzando a súa lateralidade, polo que é moi importante non presionarlles en ningún sentido sobre o uso dunha man sobre outra.


En canto á linguaxe, é un instrumento novo que aínda non dominan correctamente.
O vocabulario que manexan é extenso e irá aumentando rapidamente, pero debemos ter en conta que comprenden o significado de máis palabras das que empregan.
Progresivamente, elaborarán enunciados de tres ou catro palabras de estrutura máis complexa e diferenciarán os tempos e modos verbais.
Nas súas conversacións, utilizarán artigos e algúns pronomes e adverbios e aprenderán a facer correctamente a concordancia entre o artigo e o nome. As nenas e nenos desta idade comezan a percibir que a linguaxe, ademais de ser un instrumento de comunicación, é un medio para controlar o seu propio comportamento. Parecen captar como funciona o sistema lingüístico, recoñecendo algunhas normas básicas e simples, pero non as excepcións desas normas, polo que adoitan cometer erros. Tamén comezan a formular moitas preguntas, algunhas delas aparentemente sen sentido e comentan todo o que ven, senten e imaxinan. Aínda non dominan a pronuncia dalgúns fonemas nin algunhas estruturas gramaticais, pero poden pronunciar os sons fundamentais da lingua. Con todo, ás veces, nas súas conversacións retroceden a unha pronuncia máis cómoda para eles/ as.
En calquera caso, é de vital importancia lembrar que lles gusta e necesitan escoitar para aprender.
Por outra banda, comezan as primeiras amizades e gústalles estar con outros nenos/as aínda que seguen sendo egocéntricos e dominantes nas súas relacións. Aos poucos irase ampliando o seu círculo social, o cal conleva que progresivamente serán capaces de establecer relacións afectivas fose do ambiente familiar. Gústalles xogar en parellas, en grupos de tres e, aos poucos, irán ampliando este número. No xogo hai unha identificación e fan imitacións tipificadas (levar algo, comprar, dar...). Ademais, tamén terán lugar as primeiras pelexas e rivalidades; a esta idade poden responder con certa agresividade #ante a frustración, polo que o papel do adulto como mediador é fundamental. Empezarán a coñecer e a asimilar algunhas das normas que rexen a vida en sociedade, así como a entender o que é compartir. Con todo, teñen o seu propio sentido da xustiza e saben distinguir entre verdade e mentira. Cabe sinalar que, aínda que tenden a ser sinceros, poden descubrir as vantaxes de mentir para obter o que desexan.

Doutra banda, é importante que adquiran progresivamente hábitos de coidado e seguridade persoal, debido a que poderán discriminar e, por tanto, evitar algunhas situacións, accións e obxectos que poidan carrexarlles perigo (escaleiras, tesoiras, coitelos, enchufes...). Por último, é importante sinalar que os peques aprenderán a comer sós, terán a habilidade necesaria para desvestirse sós e vestirse sen axuda ou con pouca axuda do adulto, aínda que aínda non saberán abrocharse algunhas pezas. Ademais, sentirán moi orgullosos do que son capaces de facer e gustaralles esa autonomía que aos poucos van ir adquirindo. Por isto, agradaralles que lles encomien e mostraranse colaborativos e interesados en realizar pequenas tarefas en casa e en clase. E en canto á orde, saberán que cada cousa debe estar no seu sitio, pero igual que imitan a orde, tamén imitarán a desorde.



Comentarios

Entradas populares de este blog

Todavía non controla o pis.../Todavía no controla el pis...

Qué podemos facer para axudar a/o nosa/o peque? / ¿Qué puedo hacer para ayudar a nuestra/o peque?