Qué podemos facer para axudar a/o nosa/o peque? / ¿Qué puedo hacer para ayudar a nuestra/o peque?

 Ola familias!

Seguro que moitas veces fixéstesvos esta pregunta en relación a temas como a súa fala, o seu desenvolvemento emocional e social, etc. E é completamente normal!!

Hoxe vou deixarvos por aquí algúns consellos que espero que poidan servos de utilidade 😁

- A SÚA FALA

1. Procurade falarlle correctamente, con expresións axeitadas a súa capacidade de entendemento e evitando o uso de diminutivos, palabras inventadas ou repeticións das súas incorreccións.

Lembrade que vos teredes que dicirlle, por exemplo "o camión" aínda que a/o peque diga "o mión". Un exemplo práctico de como podemos facelo sería:

- "Mira mami! mira papi! un mión!"

- "Anda sí!! Hai un camión verde na rúa!!" ou "É verdade!! Qué grande! e de que cor é?"

De esta forma, conseguiremos que pouco a pouco aprendan a dicir ben as palabras, así como aprenderán outras novas grazas a engadirlle outras a maiores na resposta... e sen crear unha situación na que se frustren e se sentan mal pola corrección! 👌

En definitva, non corrixádes os seus erros insistentemente; é mellor repetírllelo ben, con frecuencia e en distintos momentos.

2. Cando faledes con ela/el, empregade preguntas para que teña que respostar; non deades por suposto o que vai dicir, deixade que se exprese e animádea/o a facelo.

3. Recordade tamén que é moi importante que, cando vos dirixades a nena/o, a/o miredes a cara, falándolle despacio e articulando tódalas palabras de xeito claro.

4. Non impidades que fale soa/só, non mandarlle calar, senón que tedes que favorecer estas autoconversacións.

5. Xogade coa linguaxe: conversas, adiviñas, cancións, contos... Todo isto proporciona novas palabras, desenvolve a súa imaxinación, desperta a motivación pola escrita e estimula a súa memoria.

6. Inculcarlles dende peques o interese e gusto pola lectura e os libros: os seus primeiros libros, xoguetes aínda, con tantas imaxes e colorido, terán que dar paso ós contos que, lidos por vós, polos seus irmáns, avós, etc., levaranos a introducirse nun apoixante mundo de ilusión e fantasía.

7. Hai que animarlles a que xoguen con outros e se comunique para ir aprendendo regras convencionais, incrementala linguaxe social e desenvolver o seu pensamento.

8. Tamén e boa idea interrumpir o conto para facerlle algunhas preguntas, controlando deste xeito a súa comprensión do texto e a súa capacidade de expresalo.

- DESENVOLVEMENTO EMOCIONAL E SOCIAL

As/os peques obteñen a súa seguridade de dúas fontes: o cariño da súa familia e da imaxe que teñen de si mesmos. Por esta razón, é conveniente seguir estes consellos ainda que sexa difícil, sobre todo, despois dunha dura xornada laboral, pero son conductas as que debemos atender:

1. Móstrese interesada/o polas súas cousas.

2. Ensíñelle a asumir responsabilidades.

3. Atenda o que di..

4. Axúdelle a ter en conta os desexos dos demáis.

5. Convénzao que con esforzo se pode resolver case todo.

6. Evite todo tipo de comporacións, especialmente cos seus irmáns.

7. Axúdelle a recoñecer, aceptar e correxir os seus defectos.

8. Gardade os pequenos regalos que vos fagan e ensinarllos de vez en cando. Así mostraredes o voso agradecemento.

En canto a súa sociabilidade:

- Axudadelle a facer amigas/os

- Reforzádea/o positivamente cando se relacione, xogue ou comparta as súas cousas

- Contádelle contos, historias, exemplos do bo e bonito que é ter amigas/os

- Buscade a mellor maneira de introducilo en xogos e actividades de grupo, presentándolle novos amigos e facilitándolle entornos onde o poidan coñecer

- Facede que se lembren de dar as gracias, de pedir as cousas por favor, de pedir perdón...

- Dade exemplo: falade, xogade, sede afectivos/as co neno/a e cos adultos...

Ademáis, e recomendable que lles ensinedes a aguantar.

Moitas familias queren evitar que os seus peques pasen polas experiencias negativas que a elas mesmas lles tocou vivir. Pero como estas se impoñen na vida demasiadas veces, é necesario que as/os nenas/os  teñan un certo grado de fortaleza que lles permita aguantar as experiencias amargas que lles toque vivir.

- Axudádelle sempre que volo demanden, pero non fagades as cousas por eles.

- Non cedades ante os seus caprichos.

- Non temades a dicir "non" sempre que se crea aconsellable.

- Propiciade que espere un tempo antes de conseguir algo que desexa: un xoguete, unha comida...

- Fágalle probar comida que nunca probou.

- Exísalle compartir os seus xoguetes cos seus irmáns e amigos.

- Exísalle a realización de pequenas tarefas ante peticións extraordinarias.

- Non dar a una nena/o nada que pida chorando. Premiala/o e concédellelo cando deixe de facelo.

- Limitade razonablemente o tempo que adica a ver a tele, a tablet, a xoguetes electrónicos... OLLO! Con isto non quero decir que esté mal que os empreguen, o contrario, vivimos nun mundo tecnolóxico e non podemos darlle a espalda, pero si temos que limitar os tempos.

- Dádelle pequenas tarefas en casa que tenga que cumprir día a día (recoller só os seus xoguetes, axudar a por a mesa...).

- Iniciádeos en pequenos detalles cos demáis: non facer ruido cando os demáis durmen, respetar o estudio dos irmáns...

E, sobre todo, establecer criterios claros entre as nais/pais para que os fillos os asuman e se convertan en hábitos: horario de deitarse, de comidas, etc.



Comentarios

Entradas populares de este blog

Todavía non controla o pis.../Todavía no controla el pis...