BENVIDAS FAMILIAS!
Ola a todas e todos e benvidos/as ao meu anaquiño de experiencia!!
O meu nome é Noelia e este ano son titora dun grupo de nenas/os de 3 aniños, máis concretamente, de 3 anos B. Xuntos somos os súper lobetos! polo que os veredes moito nas publicación que faga.
Encántanme os blogs de recursos nos que moitas mestras e mestres comparten o seu traballo, as súas ideas, as actividades que fan cos peques... polo que eu quixen formar parte diso tamén.
Este blog pretende ser unha fiestra ó exterior da nosa clase, entón tanto meu alumnado coma min, imos compartir algunhas das actividades que fagamos na aula coa axuda de fotos e vídeos que faciliten nosas explicacións. Ademáis pretendo, pouco a pouco, ir enchendo este espazo de "momentos de aprendizaxe", recomendacións, manualidades, recursos, etc. para que poidades empregalos sempre que queirades.
Antes de despedirme, desexarvos un bo inicio de curso a todas/os.
Vémonos pronto!

Comentarios
Publicar un comentario