En primeiro lugar cabe destacar que c ada nena/o se desenvolve e evoluciona a un ritmo distinto. Aínda así, a continuación, imos expoñer unha serie de fitos evolutivos cuxa consecución será o resultado dun proceso que terá lugar ao longo do ano. O pensamento das nenas e nenos desta idade caracterízase por ser concreto , é dicir, o desenvolvemento da súa intelixencia require que continuamente experimenten e manipulen a realidade que lles rodea. Comézase a afianzar a función simbólica , que lles permitirá evocar o que está ausente, de maneira que, aos poucos, irán pasando da acción e a manipulación dos obxectos á representación dos mesmos. O desenvolvemento cognitivo está condicionado en gran medida polo desenvolvemento da linguaxe. As nenas e os nenos están a pasar da aprendizaxe sensorial ao intuitivo , comezan a prever as consecuencias das súas accións e empezan a solucionar os problemas que se lles expoñen na súa vida cotiá. Aínda non son capaces de desligarse do todo...
Comentarios
Publicar un comentario