Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2021

Todavía non controla o pis.../Todavía no controla el pis...

Imagen
Ola familias!! Se o/a voso/a peque todavía non controla o pis, pode que este post con consellos sobre o que non se debe facer, vos sexa de utilidade para axudarlle👍 Qué non se debe facer? - Castigalo, pois non resulta moi eficación na educación dos peques. Sempre teñen mellor resultado os reforzos positivos 💙. - Facer burlas, ameazas, reproches (Exemplo: "Xa estou farto de lavar a ropa por culpa túa"). - Utilizar pañales (non deberían utilizarse a partires dunha determinada idade: ó redor dos 3 anos aproximadamente). - Erguela/o pola noite. Así non lle dades a oportunidade para que chegue a asociar os sinais internos causados pola vexiga chea co despertar provocado por tales sensacións. Deixovos por aquí un conto moi chulo relacionado co tema💋 Unha aperta!

Qué podemos facer para axudar a/o nosa/o peque? / ¿Qué puedo hacer para ayudar a nuestra/o peque?

Imagen
 Ola familias! Seguro que moitas veces fixéstesvos esta pregunta en relación a temas como a súa fala, o seu desenvolvemento emocional e social, etc. E é completamente normal!! Hoxe vou deixarvos por aquí algúns consellos que espero que poidan servos de utilidade 😁 - A SÚA FALA 1. Procurade falarlle correctamente, con expresións axeitadas a súa capacidade de entendemento e evitando o uso de diminutivos, palabras inventadas ou repeticións das súas incorreccións. Lembrade que vos teredes que dicirlle, por exemplo "o camión" aínda que a/o peque diga "o mión". Un exemplo práctico de como podemos facelo sería: - "Mira mami! mira papi! un mión!" - "Anda sí!! Hai un camión verde na rúa!!" ou "É verdade!! Qué grande! e de que cor é?" De esta forma, conseguiremos que pouco a pouco aprendan a dicir ben as palabras, así como aprenderán outras novas grazas a engadirlle outras a maiores na resposta... e sen crear unha situación na que se frustren e ...